Formación

Proxecto plural, aberto, crítico e creativo que ten como fin a formación, especialización, actualización e preparación de educadoras/es no ámbito da educación non formal e das actividades de lecer e tempo libre.

Método

A nosa metodoloxía baséase nunha pedagoxía constructivista onde a investigación –acción –  reflexión– participación están sempre moi presentes.

Principios

Susténtase en valores sociais (participación comunitaria, respeto, cooperación, pertenza, convivencia e traballo en equipo) e tamén valores persoais (capacidades físicas, habilidades motrices, mentais e emocionais, creatividade, reto persoal, autocoñecemento).

Escola de
Tempo Libre

Cursos
homologados

Paspallás e unha escola oficial recoñecida pola Xunta de Galicia.

Entendemos a formación como un espazo plural, aberto, crítico e creativo cara unha especialización e actualización de educadoras/es en contextos non formais, sociais e comunitarios.

A través da formación crecemos como persoas e nos enriquecemos como colectivo plural e diverso.

Dende a investigación – acción –  reflexión – participación traballamos valores sociais (desenvolvemento comunitario, respecto, cooperación, pertenza, convivencia e traballo en equipo) e tamén valores persoais (capacidades físicas, habilidades motrices, mentais e emocionais, creatividade, coñecemento do ser).

Monitores ou monitoras de actividades de tempo libre (primeiro nivel).

O obxectivo é capacitar as persoas para organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre.

Aplicamos técnicas de animación grupal, incidindo na educación en valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

Ámbitos profesionais da titulación: campamentos, albergues, colonias, granxas-escolas, aulas e escolas de natureza, centros educativos, centros para a terceira idade, discapacidade, bibliotecas, etc.

Director ou directora de actividades de tempo libre (segundo nivel),

O obxectivo é planificar, organizar, xestionar, dinamizar e avaliar proxectos de tempo libre educativo, asumindo a creación, control e dinamización do equipo monitores e monitoras.

Ámbitos profesionais: coordinador/a ou director/a de tempo libre, responsable de proxectos de tempo libre educativo, coordinador/a de campamentos, de albergues de mocidade, de casas de colonias, de granxas-escola, de escolas de natureza, coordinador/a ou director de actividades para curriculares no marco escolar, etc.

Director ou directora de campos de traballo

As mesmas funcións que o curso de director/a pero no ámbito profesional concreto de campos de traballo.

Monográficos

Realizamos monográficos de medio ambiente, expresión plástica, hábitos saudables, sexualidade e recursos educativos adaptados as necesidades específicas do grupo de traballo.

Experiencias didácticas en espazos educativos

Deseñamos obradoiros e acción formativas que vinculan a creatividade e a educación a través de estratexias lúdicas.

Dende a educación plástica e a cultura visual desenvolvemos unha metodoloxía baseada no traballo por proxectos en colaboración con centros de ensino no ámbito das artes e a educación.

Caracterízanos o emprego dun metodoloxía e avaliación creativa.

Contacta!

Se precisas máis información podes facelo escribíndonos a asociacion.paspallas@gmail.com