Que é
Paspallás?

Paspallás a formamos un grupo de persoas de diferentes disciplinas (arte, educación, deseño, pedagoxía, animación sociocultural, arquitectura…) implicadas en proxectos que melloren a calidade de vida das persoas dende a acción creativa, educativa, pedagóxica e artística en conexión coa nosa comunidade.

Formación

Empregamos metodoloxías que orienten, dinamicen e organicen o coñecemento en procesos de aprendizaxe colaborativo.

Deseño de espazos

A expresión plástica e visual é o noso medio para incorporar estratexias pedagóxicas, lúdicas e educativas para conseguir atmosferas amables e sensibles coas necesidades das persoas que os habitan.

O equipo

Mar García Vendrell

É diplomada en Educación Social, directora de tempo libre e empresaria, con máis de 25 anos de experiencia no ámbito do tempo libre. Responsable das áreas de animación e medio ambiente. Encántalle xuntar ás súas amizades en escapadas fortuítas. O seu humor innato e enxeñoso a converte na mellor anfitrioa para eventos informais e non tanto.

María Paz

Deseñadora de Moda pola escola ESDENGA en Pontevedra, e tamén Bióloga. Como directora artística dos nosos proxectos de ambientación aporta a mirada do detalle, do traballo ben feito, do agarimo. Goza da lectura dos albumes ilustrados e nalgún momento creará o seu.

Ángela Paz

Socia fundadora, sen ela non estaríamos aquí. Animadora sociocultural con toda a sabedoría da experiencia comunitaria.  Colabora con innumerables de entidades sociais, culturais, sanitarias. É o noso faro. No seu mundo todas e todos temos cabida, dende o grande á miniatura, como un Gulliver ela explora a vida.

Sonia Pintos

Pedagoga e educadora social, experta en xuventude, na actualidade traballa como técnica no concello de Soutomaior.  Formadora e titora en diferentes programas da Xunta de Galicia e da Universidade de Vigo. Con enerxía e creatividade aporta o sentido didáctico e educativo das nosas ideas artísticas dende a innovación.

Begoña Paz

Doutora en Belas Artes e profesora en didácticas especiais da Universidade de Vigo, con unha ampla experiencia como directora de actividades de tempo libre. A súa bagaxe ben de dirixir grupos de traballo interdisciplinario agora enfocados na creación de proxectos de ambientación artística e contextos socioculturais.

Contacta!

Se precisas máis información podes facelo escribíndonos a asociacion.paspallas@gmail.com